Eu son Alfonso Calleja, produtor, director e autor de A voz tomada. Toda a miña vida mantiven o contacto con esas historias inconscientes que reclaman a luz do sol, que marcan o ritmo (o da vida), o  paso, que son amigas inseparables, amigas verdadeiras porque contan a verdade, eses pepitos grillos que nos incomodan e fanos avanzar e ser, non sei se máis felices, pero si máis nós e estar máis satisfeitos cos nosos actos e, sobre todo, coa nosa actitude vital. Atendín por primeira vez a esas historias sagradas a través da pintura, cando era moi pequeno. E continuei así durante moitos anos, coa sensación de que a pintura era insuficiente, intentaba expresalas pero o que saía non tiña vida ou non toda a vida que eu desexaba. Entón cheguei a ese LUGAR, non sei por que, en serio, non o sei, talvez foi a necesidade fisiolóxica e emocional de enmarcalas nun evento que é o que máis se parece á vida sen selo: O TEATRO