O texto de A voz tomada evoca a importancia crucial da comunicación e da educación das emocións, do civismo emocional. A necesidade dun cambio de paradigma froito do recoñecemento dos impulsos primarios, que nos transportará cara á anhelada xustiza social, sinónimo de comprensión e empatía, que desvincule o acceso a unha vida en igualdade de condicións e oportunidades da orixe do individuo. Os nenos somos imprescindibles, os pais e a tribo tamén, un sistema que axude á educación duns e outros non o é menos.

E por que non? O teatro podería ser a estrutura básica para edificar ese plan educativo integral que reforme a sociedade.

A voz tomada persegue estimular a reflexión sobre a paternidade e a maternidade que emerxen, o cambio de referencias, o desconcerto do home, pero tamén da muller, ante esa renovación social.

Doutra banda, o feito de contar para a montaxe teatral cun equipo artístico e técnico intimamente relacionado con esta terra, empapará a interpretación do texto dun modo de sentir concreto e arraigado e, por suposto, do respecto ao idioma, o galego, que o sostén.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *