A VOZ TOMADA

As historias que contamos xa habitan na imaxinación dos espectadores, no seu inconsciente. O espectáculo comeza cando se abre a billeteira, coa compra da entrada por parte do público, incluídos nel os actores,que máis tarde ocuparán a súa butaca como o resto, a que lles toque. Somerxeranse na escuridade absoluta – na física e na da súa mente – ata que un sector do escenario quede alumado. Esa luz evocará na cabeza dos actores, agora Contadores, o conto que queremos contar, que eles desexaban contar desde hai moito tempo sen saber que tamén era seu. Sairán a escena cando sintan a necesidade de contar esta historia doméstica dun individuo, os seus pais e a súa filla.